O pasado 27 de outubro tivo lugar o tradicional Recitado de Poesía no centro cultural Carvallo Calero en Ferrol, organizado pola coordenadora de equipas de dinamización lingüística. Participou alumnado de 4º ESO de música e de plástica, así como alumnado do coro. Aquí podedes ver un pequeno resumo da representación.
Dinamizando no Esquío
Blog do EDLG do IES Fernando Esquío
luns, 2 de novembro de 2026
luns, 26 de outubro de 2026
O Principiño
Dentro da iniciativa Teatro con G, organizada pola coordenadora de equipas de dinamización lingüística de Ferrolterra, participou alumnado do noso centro a traves do grupo de teatro xuvenil do Concello de Neda, coa representación da obra "O Principiño" o pasado 21 de outubro no Teatro Jofre en Ferrol. Obra á que puido asistir como público o alumnado de 3º ESO.
Parabéns a Sara Caneiro Primoy de 4ºESO pola súa fantástica participación na obra e por ter gañado o premio de mellor actriz protagonista no XXVII certame de Teatro Escolar afeccionado, organizado pola deputación da Coruña.
sábado, 10 de outubro de 2026
Que é o galego para Manuel Rivas
O escritor Manuel Rivas explícanos o que significa para él o galego
mércores, 7 de outubro de 2026
III Concurso de microrrelatos de Samaín
Un curso máis, a Biblioteca e o EDLG convocamos o concurso de microrrelatos de Samaín. Tedes as bases de participación neste enlace.
Agardamos con ansia os vosos arrepiantes relatos. Haberá premios para as mellores historias terroríficas!
xoves, 1 de outubro de 2026
A regueifeira Lupe Blanco visita o noso centro
Por medio do concello de Neda, o alumnado de 2º ESO disfrutou a tarde do pasado martes, da actuación da regueifeira Lupe Blanco que dunha maneira moi entretida e interactiva nos explicou o que é a regueifa e a maneira de poñela en práctica.
luns, 29 de xuño de 2026
Revista Trobador Fernando Esquío
venres, 26 de xuño de 2026
1º premio de micropoesía Carmela Loureiro
O venres 26 de xuño, Inés Martínez Dorado de 2º ESO recibiu no centro cultural Torrente Ballester en Ferrol, o 1º premio Carmela Loureiro de micropoesía na categoría de primeiro ciclo da ESO.





