Preme na imaxe para ver os carteis
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, estes días contamos no noso IES coa exposición que podedes ver nas imaxes, e a través da que queremos dar a coñecer a mulleres que foron donas de si e superaron a fenda de xénero, aínda que con antrancos.
Podedes desfrutar desta exposición e descubrir as súas obras grazas ao traballo do equipo de biblioteca do CIFP Ferrolterra e a Juan Casal, que nola cedeu.
Ademais, podedes realizar o boletín da exposición, elaborado pola Biblioteca do noso centro e, se os nomes das mulleres son correctos, conseguiredes unha pegatina de cada unha delas. Animádevos a participar!