Amosando publicacións coa etiqueta RAG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RAG. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de xaneiro de 2025

Guía de apelidos galegos


Desde onte, a RAG incorpora a Guía de apelidos galegos, un buscador que recolle información sobre máis de  6000 nomes de familia, que corresponden cun 95% da poboación galega. O novo recurso en liña quere facilitar a recuperación de formas non deturpadas destas denominacións.

Na presentación do proxecto, que se realizou na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, o presidente da Academia, Victor F. Freixanes, salientaba que "os apelidos son a crónica dunha estirpe, marcas de identidade nas que recoñecemos a propia liñaxe, a memoria da familia ou do clan. Detrás deles latexa a memoria do que somos. Estudar esa memoria significa coñecérmonos un pouco máis a nós mesmos, non tanto dende unha perspectiva particular ou individual, mais comunitaria e compartida".

En definitiva, con este recurso preténdese avanzar nun aspecto tan importante da normalización lingüística como é o dos apelidos, que nos identifican como persoas e como pobo.

xoves, 5 de decembro de 2024

Nomes galegos de aves de Galicia e de España

A RAG estrea hoxe unha plataforma para a procura dos nomes de máis de 600 especies de aves. O buscador é froito do traballo conxunto de ornitólogos e lingüistas e permite realizar procuras pola denominación galega, a científica ou a familia á que pertenece cada ave. Moitas das entradas contan, ademais, con fotografías.

Tedes toda a información aquí.

xoves, 7 de novembro de 2024

Simposio Luísa Villalta

Do 19 ao 21 de novembro, a Real Academia Galega celebra o Simposio Luísa Villalta, arredor da vida e obra da autora das Letras Galegas 2024. Este terá lugar na Fundación Barrié da Coruña e a entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala. Tedes o programa completo neste enlace.



luns, 30 de setembro de 2024

Tal día coma hoxe, en 1906, nace a Real Academia Galega

O 30 de setembro de 1906 inaugurouse oficialmente na Coruña a Real Academia Galega (RAG). A institución constituírase, en realidade, un ano antes, o 4 de setembro de 1905, na Casa do Consulado da Coruña. 

Na seguinte imaxe aparece un retrato dos fundadores da RAG. Na primeira ringleira, sentados, José Ogea, Manuel Murguía, Manuel Curros Enríquez e Andrés Martínez Salazar. De pé, Uxío arré, Florencio Vaamonde Lores, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez.


Tedes toda a información sobre a historia da RAG aquí.