mércores, 21 de maio de 2025
Pasapalabra das Letras Galegas
Continuamos festexando as Letras e, nesta ocasión, compartimos con vós o Pasapalabra das Letras Galegas 2025. Cantas respostas sodes capaces de acertar?
luns, 19 de maio de 2025
Encrucillado das Letras Galegas
Neste mes das Letras Galegas, propoñémosvos o seguinte encrucillado sobre os instrumentos tradicionais galegos. Seredes capaces de nomealos todos e descubrir a palabra oculta? Pinchade aquí para acceder ao documento.
venres, 16 de maio de 2025
Festexando as Letras
Hoxe festexamos por todo o alto o Día das Letras Galegas no IES: o alumnado de 3º da ESO recitou un poema da obra Cantares gallegos, de Rosalía de Castro e, ademais, un grupo de profesores/as e alumnos/as tocou música tradicional galega e bailou no patio do centro, mentres outros cantaron ao son da música. Deixámosvos uns vídeos da celebración.
martes, 1 de abril de 2025
Día dos Enganos
De onde vén esta tradición? Hai moitas hipóteses, mais ningunha confirmada. Unha delas, a máis popular, é a que comenta o antropólogo Rafael Quintía: no século XVI, en Francia, o ano novo comezaba nesa época e as celebracións ían do 25 de marzo ao 1 abril. Despois, o rei Carlos IX aprobou un novo calendario de festexos, que fixaba que o Aninovo caía a partir dese momento no 1 de xaneiro. Daquela a información circulaba máis a modo que actualmente, polo que moitos seguirían a celebrar o 1 de abril e non o 1 de xaneiro. Había quen lles chamaba "os parvos de abril", de aí o nome que se lle dá a esta data nalgúns países onde se celebra.
