Cada 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía. Este curso, nós rendémoslle unha pequena homenaxe a través do concurso "O Rosco de Rosalía", un pasapalabra relacionado coa vida e obra da autora. Tedes ata o 18 de marzo para entregar as vosas respostas na biblioteca. Animádevos a participar!
luns, 23 de febreiro de 2026
venres, 20 de febreiro de 2026
Científica Galega do Ano 2026
A oceanógrafa Aida Fernández Ríos foi nomeada Científica Galega do Ano 2026 pola Real Academia Galega. Trátase da primeira muller que dirixiu o Instituto de Investigacións Mariñas. Especializada nos cambios físico-químicos dos océanos e a súa relación co clima, participou en 30 campañas oceanográficas por todo o mundo, cinco delas como xefa científica. Ademais, formou parte dun programa internacional que contribuíu á primeira avaliación global de dióxido de carbono oceánico causado pola actividade humana, que evidenciou o problema da acidificación dos océanos. En 2015 ingresou como académica numeraria.
luns, 16 de febreiro de 2026
11 de febreiro.Visita a Innovart
Un resumo do paso de alumnado de 4º pola feira Innovart 2026, que tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago, adicada ás ensinanzas artísticas deportivas, e de idiomas.
Obradoiro o chinés ao teu ritmo

