No 2026, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 de xaneiro, renderá homenaxe ao artista gráfico Siro López, nado en Ferrol en 1943, e que destaca polo seu traballo de caricaturista político e humorista gráfico, ademais doutras facetas como retratista, debuxante e pintor. É a segunda vez que para conmemorar esta efeméride se escolle a unha persoa en vida.
luns, 10 de novembro de 2025
martes, 25 de marzo de 2025
Hoxe recordamos a Carvalho Calero
luns, 20 de xaneiro de 2025
Calendario do Libro e da Lectura 2025
Canda a estas datas, o calendario recolle como novidade a celebración o 17 de outubro do Día do patrimonio inmaterial, que contará con actividades específicas nas bibliotecas públicas do país. Tamén se incorporan a esta programación, o 27 do mesmo mes, o Día da corrección de textos, e o 22 de novembro, o Día da música.
As ilustracións do calendario foron feitas por Carlos Gallego Domínguez.
venres, 13 de decembro de 2024
O ceo de Rosalía
sábado, 30 de novembro de 2024
Tal día coma hoxe do ano 1834, Domingo Fontán entrega a Carta Xeométrica de Galicia
Hoxe cúmprense 190 anos de que Domingo Fontán entregou a Carta Xeométrica de Galicia, o primeiro mapa feito en España a través de métodos científicos e medicións matemáticas. Para a súa realización, Fontán aplicou o mesmo procedemento proxectado por Jorge Juan a mediados do século XVIII para o levantamento do mapa de Espña: a medición dunha base central e unha rede fundamental de triángulos. Pero engadiulle medicións que incrementaron a precisión e o dotaron doutros valores, como a altirude dos principais cumios. Unha das características máis importantes da Carta é a súa escala, de 1: 100 000, que se adiantou aos mapas oficiais doutros países europeos, que posteriormente escollerían a mesma proporción.
xoves, 19 de setembro de 2024
Cúmprense 100 anos da expedición fotográfica de Ruth Matilda Anderson en Galicia
Entre 1924 e 1926, a fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson viaxou dúas veces a Galicia por encargo da Hispanic Society of America. Durante a súa estancia, realizou máis de 5000 fotografías dunha gran calidade nas que retratou os costumes do pobo galego, en especial, as do mundo rural. Ademais, entrevistouse con moitas figuras relevantes da cultura de Galicia e, xuntando os rexistros escritos coas experiencias cotiás, deu lugar a un libro arredor dos campesiños, a infancia e as mulleres. É por este gran labor que hoxe queremos destacar a figura desta importante muller.
Tedes aquí unha escolma de fotografías realizadas durante a súa viaxe.


