luns, 29 de xuño de 2026
Revista Trobador Fernando Esquío
venres, 26 de xuño de 2026
1º premio de micropoesía Carmela Loureiro
O venres 26 de xuño, Inés Martínez Dorado de 2º ESO recibiu no centro cultural Torrente Ballester en Ferrol, o 1º premio Carmela Loureiro de micropoesía na categoría de primeiro ciclo da ESO.
luns, 15 de xuño de 2026
A forza do río Xuvia
Á beira do río Xuvia desenvolveuse un dos espazos industriais máis importantes de Galicia. A forza da auga permitiu o funcionamente de muiños, fábricas e talleres que transformaron a vida e a economía das persoas durante máis de dous séculos.
Traballo realizado por alumnado de 3º ESO na aula de plástica, no marco do proxecto didáctico de patrimonio Antón Fraguas.
venres, 5 de xuño de 2026
Pazo de Meirás
O alumnado de 4º ESO realizou o xoves 29 de maio unha visita, con roteiro guiado ao Pazo de Meirás. Achegámonos a historia do edificio, propiedade da familia Pardo Bazán, apropiada logo por Franco durante a ditadura e recuperada na actualidade como ben público.
mércores, 20 de maio de 2026
Visita a Celanova
Esperamos que desfrutedes da reportaxe gráfica da visita tanto como nós desfrutamos do día!
domingo, 17 de maio de 2026
Letras Galegas
"Gústame contar historias porque as historias me permiten transmitir e narrar algo máis verdadeiro ca a verdade"
Begoña Caamaño
Letras Galegas 2026
sábado, 16 de maio de 2026
Pegadas medievais
Alumnado de 2º ESO desprazouse en maio ao concello de San Sadurniño. Na búsqueda do pasado e patrimonio medieval estivemos no Castelo de Naraío. Como irmandiños pero armados con frautas e guitarras exploramos as súas ruinas e paseamos pola fraga que percorre o río Castro deixando a nosa pegada musical. Pegada que tamén deixamos xunto ao convento do Rosario, cuxo pasado é templario, pero que máis adiante pasou a ser convento franciscano e dominico e en cuxa igrexa están soterrados destacados persoeiros medievais da nosa bisbarra. Rematamos a mañá no Pazo da Marquesa, onde actualmente se atopa o concello. Ali fixemos a última interpretación musical e o alcalde achegouse a escoitarnos.
Esta actividade estivo enmarcada dentro do Plan Proxecta de patrimonio, proxecto didáctico Antón Fraguas.
luns, 13 de abril de 2026
Mocidade coa lingua
Alumnado de 2º ESO como público na XXXIII edición da Mocidade coa Lingua, apoiando ao grupo ECO como representante do noso centro. Parabéns!
domingo, 12 de abril de 2026
Visita a Galicia Textil
O venres 27 de marzo o alumnado de 3º ESO e 1º Bac realizou unha visita ás instalacións de Galicia textil. Esta histórica fábrica de Xubia, centro de actividade para toda a comarca situada xunto á desembocadura do río, conserva algúns edificios lembranza do seu pasado, como a capela do S.XIX, onde o alumnado de 3º ESO realizou unha interpretación da melodía popular escocesa, Loch Lomond.
Esta actividade estivo enmarcada no plan proxecta de patrimonio: proxecto didáctico Antón Fraguas.
venres, 10 de abril de 2026
Museo de invertebrados
Durante estes días permanece exposta no corredor central da planta baixa esta magnífica colección de invertebrados creada e descrita polo alumnado de 1º ESO na clase de bioloxía.
luns, 16 de marzo de 2026
MIña casiña meu lar
Con ocasión da celebración do día de Rosalía, xa empezado o mes de marzo Natalia, Xavier e Mikaela de 2º Bac animáronse a participar na posta en escea deste coñecido poema de Rosalía. Velaquí o resultado.
luns, 23 de febreiro de 2026
Día de Rosalía
Cada 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía. Este curso, nós rendémoslle unha pequena homenaxe a través do concurso "O Rosco de Rosalía", un pasapalabra relacionado coa vida e obra da autora. Tedes ata o 18 de marzo para entregar as vosas respostas na biblioteca. Animádevos a participar!
venres, 20 de febreiro de 2026
Científica Galega do Ano 2026
A oceanógrafa Aida Fernández Ríos foi nomeada Científica Galega do Ano 2026 pola Real Academia Galega. Trátase da primeira muller que dirixiu o Instituto de Investigacións Mariñas. Especializada nos cambios físico-químicos dos océanos e a súa relación co clima, participou en 30 campañas oceanográficas por todo o mundo, cinco delas como xefa científica. Ademais, formou parte dun programa internacional que contribuíu á primeira avaliación global de dióxido de carbono oceánico causado pola actividade humana, que evidenciou o problema da acidificación dos océanos. En 2015 ingresou como académica numeraria.
luns, 16 de febreiro de 2026
11 de febreiro.Visita a Innovart
Un resumo do paso de alumnado de 4º pola feira Innovart 2026, que tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago, adicada ás ensinanzas artísticas deportivas, e de idiomas.
Obradoiro o chinés ao teu ritmo
mércores, 11 de febreiro de 2026
Día da Muller e da Nena na Ciencia
venres, 30 de xaneiro de 2026
Día da Ilustración 2026
Como cada 30 de xaneiro, hoxe celébrase o Día da Ilustración. Este ano, o artista homenaxeado é Siro, caricaturista, debuxante, pintor, xornalista e escritor nado en Ferrol en 1943.
Ademais de álbums de debuxos, caricatura e humor, Siro ilustrou cartelería e libros de diversos autores/as e editoriais e, ao longo da súa carreira, tamén traballou nunha serie de proxectos máis aló do debuxo. Así, xunto a Xaquín Marín, impulsou o Museo do Humor de Fene, inaugurado en 1984; escribiu guións e dirixiu programas de radio e televisión: Imos aló?, pioneiro por ser o primeiro curso de galego emitido na TVG (1989 e 1990) e Corre Carmela que chove, que se mantivo 21 anos en antena facendo terturlia de actualidade en clave de humor. En 1990 deseñou a Praza do Humor (A Coruña).
luns, 12 de xaneiro de 2026
Calendario 2026
Presentamos o novo calendario feito polo EDLG neste ano 2026. O seu fio conductor é o traballo da muller no rural tanto na actualidade como en épocas xa pasadas. Agradecemento aos que participachedes aportando fotografías.






