venres, 27 de decembro de 2024
Palabra do ano 2024
venres, 20 de decembro de 2024
Mapa interactivo sobre as Cantigas de Romaría
xoves, 19 de decembro de 2024
117 aniversario do himno galego
O venres 20 de decembro conmemórase o 117 aniversario do himno galego. Tal día coma mañá, do ano 1907, no Gran Teatro da Habana, interpretábase por primeira vez, solemnemente e institucionalmente, o noso himno. As plataformas Vía Galega e Galiza Cultura, coorganizan este venres 20 de decembro, ás 19:30 horas, na rúa Rego de Auga da Coruña, xunto co grupo de gaitas Cantigas da Terra, un acto para que todas as persoas que se acheguen ao lugar canten xuntas o himno. Haberá tamén unha breve intervención do profesor da Universidade da Coruña Manuel Ferreiro, máximo especialista do noso himno e da obra de Eduardo Pondal.
Chegou o Nadal ao Club de ciencia do IES Fernando Esquío
Na última sesión antes das vacacións de Nadal, rematamos de construír a nosa árbore de Sierpinski e estivemos xogando ao Tantrix, o Jenga e o IQ. Foi unha sesión moi produtiva e quedamos moi satisfeitos cos resultados!
No enlace deixámosvos todas as fotos relativas ao día de hoxe.
mércores, 18 de decembro de 2024
Postais científicas de Nadal
Xa temos expostas no recuncho de Nadal as postais científicas que se presentaron ao concurso. Este venres coñeceremos o/a gañador/a de cada categoría. Estade antentos/as!
martes, 17 de decembro de 2024
Sabes quen foi Francisca Herrera Garrido?
luns, 16 de decembro de 2024
Presentación do libro "Xirarei!"
Este mércores 18 de decembro ás 19 horas terá lugar no Centro Cívico de Canido, en Ferrol, a presentación do libro Xirarei!, de Pablo Carreiro. Ao longo das súas páxinas faise un percorrido único por Galicia que mestura humor, tenrura e unha fonda admiración pola cultura galega. A través dun itinerario que abrangue os recunchos máis fermosos e emblemáticos da terra, o autor fainos partícipes dunha viaxe onde cada páxina é unha homenaxe ao noso patrimonio cultural.
Pronto teremos exemplares na nosa biblioteca!
venres, 13 de decembro de 2024
O ceo de Rosalía
xoves, 12 de decembro de 2024
M8 por ler!
Sumámonos á campaña da Fundación xistral "M8 por ler!" e animámosvos a que leades en galego, porque hai moitísimas historias das que gozar na nosa lingua.
mércores, 11 de decembro de 2024
Palabra do Ano 2024
xoves, 5 de decembro de 2024
Nomes galegos de aves de Galicia e de España
A RAG estrea hoxe unha plataforma para a procura dos nomes de máis de 600 especies de aves. O buscador é froito do traballo conxunto de ornitólogos e lingüistas e permite realizar procuras pola denominación galega, a científica ou a familia á que pertenece cada ave. Moitas das entradas contan, ademais, con fotografías.
Tedes toda a información aquí.
mércores, 4 de decembro de 2024
Diego Giráldez gaña o Premio de Novela Eduardo Blanco Amor
Trátase dun galardón organizado pola Fundación Eduardo Blanco Amor e a Deputación de Ourense. Con el, Giráldez consolídase como un dos autores máis destacados da narrativa galega contemporánea.
martes, 3 de decembro de 2024
Campaña solidaria de recollida de alimentos
Recordade que ata o día 17 de decembro continuamos coa recollida de alimentos, que serán doados ao Concello de Neda. As caixas para a recollida atópanse na entrada do centro. Axúdanos a conseguir o máximo número de alimentos posible para que sexan repartidos este Nadal a todas aquelas persoas que os necesiten. A túa solidariedade axudará a moitas familias. Colabora!
luns, 2 de decembro de 2024
IV concurso de vídeos "Youtubers científcos"
A USC convoca a cuarta edición do concurso de vídeo Youtubers científicos, unha iniciativa que forma parte do plan anual de actividades "Ciencia de ida e volta", que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía-Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Como novidade, este ano pode participar alumnado da ESO e do Bacharelato, con vídeos dun minuto de duración que respondan a seguinte cuestión: Por que a ciencia é relevante para a sociedade?
Anímate a participar! O prazo de inscrición estará aberto do 23 de decembro de 2024 ao 13 de xaneiro de 2025. Tes aquí toda a información.






.png)