Cada 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía. Este curso, nós rendémoslle unha pequena homenaxe a través do concurso "O Rosco de Rosalía", un pasapalabra relacionado coa vida e obra da autora. Tedes ata o 18 de marzo para entregar as vosas respostas na biblioteca. Animádevos a participar!
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía b>. Amosar todas as publicacións
luns, 23 de febreiro de 2026
xoves, 6 de marzo de 2025
A Rosa Incandescente
Hoxe desfrutamos da compaña de Rosalía de Castro, que veu visitarnos da man dunha ferramenta incrible: o cinema.
Grazas á creatividade e esforzo de Anxos García Fonte, o alumnado de 3º ESO e 1º BAC achegouse á figura da nosa poeta máis internacional.
A Rosa Incandescente presenta as inquedanzas, dúbidas e preocupacións dunha Rosalía moi nova que xa quería ser dona de si, asinar os seus traballos co seu nome e dar valor ao traballo dunha muller. A Rosalía doente pola súa familia, nai e fillos; a Rosalía autora, a Rosalía feminista é a representada na curta de Anxos García Fonte, guionista e produtora que soubo escoller os ambientes interiores e exteriores da nosa terra cunha gran sensibilidade.
Un privilexio contar con ela no noso centro para achegar os rapaces á súa figura.
Moitas grazas Anxos e tamén a todos os que a axudaron a crear esta marabilla.
domingo, 23 de febreiro de 2025
martes, 18 de febreiro de 2025
Conmemoración do Día de Rosalía a través da Bioloxía
Para conmemorar o Día de Rosalía, e utilizando como inspiración o libro O herbario de Rosalía (do que temos exemplares na nosa biblioteca), o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato fixo este proxecto no que, a partir dos versos da autora, estudou as características biolóxicas de distintas especies de plantas. Temos a exposición dos carteis no corredor da planta baixa do instituto e tamén volos deixamos aquí. Parabéns ao alumnado polo seu traballo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


