Neste día de tanta choiva, propoñemos vocabulario relacionado coa máis miúda. Cantas maneiras diferentes coñeces para nomeala?
xoves, 21 de novembro de 2024
mércores, 20 de novembro de 2024
O muro contra a violencia de xénero
Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, no IES Fernando Esquío construímos un muro contra a violencia de xénero, no que cada ladrillo de papel leva unha frase elaborada por un/unha alumno/a da ESO. Esta proposta do EDLG non tería sido posible sen a axuda dos/das titores/as, aos/ás que queremos agradecerlles o seu labor. Tedes as fotos neste enlace. Non volas perdades!
martes, 19 de novembro de 2024
Novembro, mes contra a violencia de xénero
En novembro, os corredores do noso IES énchense de exposicións e actividades feitas polo alumnado para denunciar esta lacra da nosa sociedade e apoiar as vítimas. Na seguinte presentación podedes ver os carteis elaborados polo Equipo de Biblioteca para conmemorar o 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O 25 N en especial, pero tamén o resto de días do ano, reivindicamos a tolerancia cero cara caquera manifestación de violencia contra as mulleres.
martes, 12 de novembro de 2024
II Concurso de postal de Nadal científica
O EDLG e a Biblioteca convocan o II Concurso de postal de Nadal científica. Tes ata o 13 de decembro para participar. Anímate, que hai premio! Consulta as bases aquí.
luns, 11 de novembro de 2024
Refráns de san Martiño
xoves, 7 de novembro de 2024
Simposio Luísa Villalta
Do 19 ao 21 de novembro, a Real Academia Galega celebra o Simposio Luísa Villalta, arredor da vida e obra da autora das Letras Galegas 2024. Este terá lugar na Fundación Barrié da Coruña e a entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala. Tedes o programa completo neste enlace.
mércores, 6 de novembro de 2024
Novembro, mes da Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares
Novembro é o mes da Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares, por iso, convidámoste a que leas as seguintes viñetas sobre Tales de Mileto, publicadas na sección Mundo curioso do xornal O Papagaio. Atréveste a realizar o reto que propón?




