xoves, 21 de novembro de 2024

E ti, como lle chamas á chuvia miúda?

Neste día de tanta choiva, propoñemos vocabulario relacionado coa máis miúda. Cantas maneiras diferentes coñeces para nomeala?

mércores, 20 de novembro de 2024

O muro contra a violencia de xénero

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, no IES Fernando Esquío construímos un muro contra a violencia de xénero, no que cada ladrillo de papel leva unha frase elaborada por un/unha alumno/a da ESO. Esta proposta do EDLG non tería sido posible sen a axuda dos/das titores/as, aos/ás que queremos agradecerlles o seu labor. Tedes as fotos neste enlace. Non volas perdades!

martes, 19 de novembro de 2024

Novembro, mes contra a violencia de xénero

En novembro, os corredores do noso IES énchense de exposicións e actividades feitas polo alumnado para denunciar esta lacra da nosa sociedade e apoiar as vítimas. Na seguinte presentación podedes ver os carteis elaborados polo Equipo de Biblioteca para conmemorar o 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O 25 N en especial, pero tamén o resto de días do ano, reivindicamos a tolerancia cero cara caquera manifestación de violencia contra as mulleres.

martes, 12 de novembro de 2024

II Concurso de postal de Nadal científica


O EDLG e a Biblioteca convocan o II Concurso de postal de Nadal científica. Tes ata o 13 de decembro para participar. Anímate, que hai premio! Consulta as bases aquí.

luns, 11 de novembro de 2024

Refráns de san Martiño

Co gallo da celebración do san Martiño, deixámosvos unha recompilación e refráns galegos relacionados con esta festividade. Pinchade na imaxe para velos.

xoves, 7 de novembro de 2024

Simposio Luísa Villalta

Do 19 ao 21 de novembro, a Real Academia Galega celebra o Simposio Luísa Villalta, arredor da vida e obra da autora das Letras Galegas 2024. Este terá lugar na Fundación Barrié da Coruña e a entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala. Tedes o programa completo neste enlace.



mércores, 6 de novembro de 2024

Novembro, mes da Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares

Novembro é o mes da Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares, por iso, convidámoste a que leas as seguintes viñetas sobre Tales de Mileto, publicadas na sección Mundo curioso do xornal O Papagaio. Atréveste a realizar o reto que propón?