xoves, 28 de novembro de 2024
Inauguración da exposición "75 cabodano da sinatura de As cruces de pedra na Galiza"
martes, 26 de novembro de 2024
Palabra do Ano 2024
Un ano máis, o portal das palabras promove a escolla da Palabra do Ano, co obxectivo de que tomemos conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos. Tes ata o día 8 de decembro ás 23:59 para enviar a túa poposta e participar na primeira fase. Anímaste?
Deixámoste aquí a ligazón na que poderás atopar toda a información sobre esta iniciativa.
luns, 25 de novembro de 2024
Manifestacións da violencia contra as mulleres na nosa música tradicional
Compartimos a publicación do Museo do Pobo Galego sobre as manifestacións da violencia contras as mulleres na nosa música tradicional. Porque a presenza de mensaxes machistas, tamén é unha realidade no cancioneiro tradicional galego. Deixamos na presentación fragmentos de tres pezas depositadas no Museo.
O Día da Ilustración de 2025 renderá homenaxe ao artista gráfico Xosé Vizoso
No 2025, este Día homenaxeará a Xosé Vizoso, un artista gráfico que, alén dunha ampla traxectoria como deseñador e ceramista, ten tamén unha importante produción como cartelista, muralista e ilustrador de libros. O recoñecemento ao autor de Mondoñedo é o primeiro que se fai en vida, xa que en anteriores edicións a efeméride centrouse en reivindicar a referentes históricos e pioneiros nesta disciplina.
domingo, 24 de novembro de 2024
Tal día coma hoxe, en 1861, Rosalía publica "Adiós ríos, adiós fontes"
O 24 de novembro de 1861, Rosalía de Castro publicaba o seu primeiro poema en galego, "Adiós ríos, adiós fontes", que vos deixamos a continuación para que poidades desfrutar da súa fermosura.
sábado, 23 de novembro de 2024
Mulleres do medievo galego
As protagonistas son dez mulleres da nosa historia elixidas para as ilustracións: Dona Urraca, María Castaña, Lupe Pérez de Traba, Inés de Castro, Maior Guntroda Rodríguez, Aldonça I e Sancha II, Ilduara Eriz, Sancha I, Tareixa de León e María Peres, A Balteira.
As ilustracións están feitas por 5 ilustradoras galegas; Iria Fafián, Laura Romero, María Montes, Minia Regos e Nuria Díaz.
venres, 22 de novembro de 2024
Exposición de libros 25 N
Toda esta semana, os corredores do noso IES énchense de actividades para conmemorar o 25 N. Non podía faltar a exposición dos libros que temos na biblioteca do centro en torno a esta temática.
