Tras recibir o Premio Nacional das Letras, o escritor Manuel Rivas é obxecto dun novo recoñecemento, o Premio CEDRO, concedido polo Centro Español de Derechos Reprográficos. A decisión susténtase no recoñecemento do seu firme compromiso coa cultura, así como a súa achega á defensa dos dereitos de autor e a propiedade intelectual.
venres, 7 de marzo de 2025
xoves, 6 de marzo de 2025
A Rosa Incandescente
xoves, 27 de febreiro de 2025
XXV certame de poesía e imaxe. En galego, sen filtro
Este curso participamos no XXV certame de poesía e imaxe En galego, sen filtro, organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e o Concello de Ferrol. A obra que presentamos desde o noso centro é a que vos deixamos na imaxe, realizada por Dai Minh González Soto, de 1º B da ESO.
Desexámoslle moita sorte a Minh e damos as grazas a todos/as aqueles alumnos/as que presentastes as vosas obras para este certame!
mércores, 26 de febreiro de 2025
Uns peliqueiros moi artísticos
A proposta do EDLG, o alumnado de 1º e de 3º da ESO realizou, guiado polo seu profesor de Educación Plástica, estas fantásticas carautas de peliqueiro que vedes na presentación e que temos expostas no instituto.
O peliqueiro é un personaxe do Entroido galego propio de Laza e Verín que se caracteriza por levar un traxe artesanal, moi vistoso e elaborado, do cal destaca a máscara, que se prolonga na parte superior nunha especie de mitra de lata adornada con símbolos animais ou astrais, e remata na parte posterior nunha pelella de gato ou coello (a pelica). Este personaxe paséase polas rúas da vila facendo ruído coas chocas que lle penduran do cinto e en actitude ameazante cun látego na man. O seu disfrace considérase o máis antigo dos que conservamos no Entroido galego.
domingo, 23 de febreiro de 2025
venres, 21 de febreiro de 2025
Día da Lingua Materna
O 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna, proclamado pola UNESCO hai 25 anos. Este día lembra a importancia de preservar as linguas para salvagardar o patrimonio cultural, mellorar a educación e fomentar sociedades máis pacíficas.
Hoxe queremos reivindicar a nosa lingua, o galego. Queremos defender o seu uso e recordar a importancia que temos cada un de nós no logro de que perdure no tempo.
mércores, 19 de febreiro de 2025
Fernando Calvet, científico galego do ano
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) elixiu a Fernando Calvet como Científico Galego do Ano. Este home é considerado o introdutor da Bioquímica moderna en España, así como o iniciador da investigación en Química na Universidade de Santiago de Compostela, onde puxo en marcha un laboratorio de prácticas de Química Orgánica e outro destinado a traballos de investigación. A RAGC destacou que Calvet achegou un "aire europeo" ás formas docentes e apostou pola "sociabilidade universitaria", organizando xornadas de té, música e excursións.
O acto central da homenaxe terá lugar o 8 de outubro de 2025, no marco do Día da Ciencia en Galicia, pero programaranse actividades para dar a coñecer a figura deste científico así como das súas contribucións á sociedade durante todo o ano.





