sábado, 16 de maio de 2026

Pegadas medievais

 Alumnado  de 2º ESO desprazouse en maio ao concello de San Sadurniño. Na búsqueda do pasado e patrimonio medieval estivemos no Castelo de Naraío. Como irmandiños pero armados con frautas e guitarras exploramos as súas ruinas e paseamos pola fraga que percorre o río Castro deixando a nosa pegada musical. Pegada  que tamén deixamos xunto ao convento do Rosario, cuxo pasado é templario, pero que máis adiante pasou a ser convento franciscano e dominico e en cuxa igrexa están soterrados destacados persoeiros medievais da nosa bisbarra. Rematamos a mañá no Pazo da Marquesa, onde actualmente se atopa o concello. Ali fixemos a última interpretación musical e o alcalde achegouse a escoitarnos.

Esta actividade estivo enmarcada dentro do Plan Proxecta de patrimonio, proxecto didáctico Antón Fraguas.




luns, 13 de abril de 2026

Mocidade coa lingua

 Alumnado de 2º ESO como público na  XXXIII edición da Mocidade coa Lingua, apoiando ao grupo ECO como representante do noso centro. Parabéns!



domingo, 12 de abril de 2026

Visita a Galicia Textil

  O venres 27 de marzo o alumnado de 3º ESO e 1º Bac realizou unha visita ás instalacións de Galicia textil. Esta histórica fábrica de Xubia, centro de actividade para toda a comarca situada xunto á desembocadura do río, conserva algúns edificios lembranza do seu pasado, como a capela do S.XIX, onde o alumnado de 3º ESO realizou unha interpretación da melodía popular escocesa, Loch Lomond.

Esta actividade estivo enmarcada no plan proxecta de patrimonio: proxecto didáctico  Antón Fraguas.



venres, 10 de abril de 2026

Museo de invertebrados

Durante estes días permanece exposta no corredor central da planta baixa esta magnífica colección de invertebrados creada e descrita polo alumnado de 1º ESO na clase de bioloxía.






 

luns, 16 de marzo de 2026

MIña casiña meu lar

 Con ocasión da celebración do día de Rosalía, xa empezado o mes de marzo Natalia, Xavier e Mikaela de 2º Bac animáronse a participar na posta en escea deste coñecido poema de Rosalía. Velaquí o resultado.


Grazas!



luns, 23 de febreiro de 2026

Día de Rosalía

Cada 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía. Este curso, nós rendémoslle unha pequena homenaxe a través do concurso "O Rosco de Rosalía", un pasapalabra relacionado coa vida e obra da autora. Tedes ata o 18 de marzo para entregar as vosas respostas na biblioteca. Animádevos a participar!

venres, 20 de febreiro de 2026

Científica Galega do Ano 2026

 

A oceanógrafa Aida Fernández Ríos foi nomeada Científica Galega do Ano 2026 pola Real Academia Galega. Trátase da primeira muller que dirixiu o Instituto de Investigacións Mariñas. Especializada nos cambios físico-químicos dos océanos e a súa relación co clima, participou en 30 campañas oceanográficas por todo o mundo, cinco delas como xefa científica. Ademais, formou parte dun programa internacional que contribuíu á primeira avaliación global de dióxido de carbono oceánico causado pola actividade humana, que evidenciou o problema da acidificación dos océanos. En 2015 ingresou como académica numeraria.