Este ano, o Día das Artes Galegas, que se conmemora o 1 de abril, está dedicado a Isaac Díaz Pardo. O EDLG elaborou a presentación que podedes ver nas diapositivas, que xa se atopa colocada no corredor do noso IES. Non deixedes de aprender sobre este referente cultural galego tan importante!
venres, 28 de marzo de 2025
xoves, 27 de marzo de 2025
Día Mundial do Teatro
martes, 25 de marzo de 2025
Hoxe recordamos a Carvalho Calero
luns, 24 de marzo de 2025
Dai Minh, un dos gañadores do XXV certame de poesía e imaxe En galego, sen filtro
Hoxe coñecimos que Dai Minh González Soto, alumno de 1º B da ESO no noso IES, é un dos gañadores do certame de poesía e imaxe En galego, sen filtro, organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e o Concello de Ferrol.
A súa obra, xunto coa do resto de gañadores e gañadoras, será exposta en Ferrol, e haberá un acto para a entrega de premios. Informarémosvos tan pronto como coñezamos as datas dos eventos.
Moitos parabéns a Dai Minh!!
venres, 21 de marzo de 2025
Día Mundial da Poesía
Hoxe celébrase o Día Mundial da Poesía e queremos conmemoralo con estes versos de Rosalía de Castro, recollidos na súa obra Cantares gallegos, un poemario que bebe directamente da poesía popular. É precisamente por esta razón, que no ano no que se dedica o Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral, eliximos este poema. Esperamos que vos guste!
xoves, 20 de marzo de 2025
A triste realidade da nosa lingua
mércores, 19 de marzo de 2025
Semana do Cinema Galego
Do 26 ao 29 de marzo, terá lugar a sexta edición da Semana do Cinema Galego, que se levará a cabo no Teatro Colón da Coruña. Durante estes catro días exhibiranse oito das producións máis recentes e recoñecidas da industria cinematográfica asinada en Galicia. A entrada é de balde ata completar aforo. Tedes toda a información sobre a programación aquí. Non vos perdades este evento!





