Esperamos que desfrutedes da reportaxe gráfica da visita tanto como nós desfrutamos do día!
mércores, 20 de maio de 2026
Visita a Celanova
domingo, 17 de maio de 2026
Letras Galegas
"Gústame contar historias porque as historias me permiten transmitir e narrar algo máis verdadeiro ca a verdade"
Begoña Caamaño
Letras Galegas 2026
sábado, 16 de maio de 2026
Pegadas medievais
Alumnado de 2º ESO desprazouse en maio ao concello de San Sadurniño. Na búsqueda do pasado e patrimonio medieval estivemos no Castelo de Naraío. Como irmandiños pero armados con frautas e guitarras exploramos as súas ruinas e paseamos pola fraga que percorre o río Castro deixando a nosa pegada musical. Pegada que tamén deixamos xunto ao convento do Rosario, cuxo pasado é templario, pero que máis adiante pasou a ser convento franciscano e dominico e en cuxa igrexa están soterrados destacados persoeiros medievais da nosa bisbarra. Rematamos a mañá no Pazo da Marquesa, onde actualmente se atopa o concello. Ali fixemos a última interpretación musical e o alcalde achegouse a escoitarnos.
Esta actividade estivo enmarcada dentro do Plan Proxecta de patrimonio, proxecto didáctico Antón Fraguas.
luns, 13 de abril de 2026
Mocidade coa lingua
Alumnado de 2º ESO como público na XXXIII edición da Mocidade coa Lingua, apoiando ao grupo ECO como representante do noso centro. Parabéns!
domingo, 12 de abril de 2026
Visita a Galicia Textil
O venres 27 de marzo o alumnado de 3º ESO e 1º Bac realizou unha visita ás instalacións de Galicia textil. Esta histórica fábrica de Xubia, centro de actividade para toda a comarca situada xunto á desembocadura do río, conserva algúns edificios lembranza do seu pasado, como a capela do S.XIX, onde o alumnado de 3º ESO realizou unha interpretación da melodía popular escocesa, Loch Lomond.
Esta actividade estivo enmarcada no plan proxecta de patrimonio: proxecto didáctico Antón Fraguas.
venres, 10 de abril de 2026
Museo de invertebrados
Durante estes días permanece exposta no corredor central da planta baixa esta magnífica colección de invertebrados creada e descrita polo alumnado de 1º ESO na clase de bioloxía.
luns, 16 de marzo de 2026
MIña casiña meu lar
Con ocasión da celebración do día de Rosalía, xa empezado o mes de marzo Natalia, Xavier e Mikaela de 2º Bac animáronse a participar na posta en escea deste coñecido poema de Rosalía. Velaquí o resultado.


