luns, 26 de outubro de 2026

O Principiño

 Dentro da iniciativa Teatro con G, organizada pola coordenadora de equipas de dinamización lingüística de Ferrolterra, participou alumnado do noso centro a traves do grupo de teatro xuvenil do Concello de Neda, coa representación da obra "O Principiño" o pasado 21 de outubro no Teatro Jofre en Ferrol. Obra á que puido asistir como público o alumnado de 3º ESO.  

Parabéns a Sara Caneiro Primoy de 4ºESO pola súa fantástica participación na obra e por ter gañado o premio de mellor actriz protagonista no XXVII certame de Teatro Escolar afeccionado, organizado pola deputación da Coruña.







mércores, 7 de outubro de 2026

III Concurso de microrrelatos de Samaín


Un curso máis, a Biblioteca e o EDLG convocamos o concurso de microrrelatos de Samaín. Tedes as bases de participación neste enlace.

Agardamos con ansia os vosos arrepiantes relatos. Haberá premios para as mellores historias terroríficas!

xoves, 1 de outubro de 2026

A regueifeira Lupe Blanco visita o noso centro

 Por medio do concello de Neda, o alumnado de 2º ESO disfrutou a tarde do pasado martes, da actuación da regueifeira Lupe Blanco que dunha maneira moi entretida e interactiva nos explicou o que é a regueifa e a maneira de poñela en práctica.






venres, 26 de xuño de 2026

1º premio de micropoesía Carmela Loureiro

 O venres 26 de xuño, Inés Martínez Dorado de 2º ESO recibiu no centro cultural Torrente Ballester en Ferrol, o 1º premio Carmela Loureiro de micropoesía na categoría de primeiro ciclo da ESO.


Parabéns Inés!




luns, 15 de xuño de 2026

A forza do río Xuvia

 Á beira do río Xuvia desenvolveuse un dos espazos industriais máis importantes de Galicia. A forza da auga permitiu o funcionamente de muiños, fábricas e talleres que transformaron a vida e a economía das persoas durante máis de dous séculos.

Traballo realizado por alumnado de 3º ESO na aula de plástica, no marco do proxecto didáctico de patrimonio Antón Fraguas.