O vindeiro 21 de marzo celébrase o Día da Poesía e, este ano, a Real Academia Galega dedicaralle este día a Luis Seoane. A fundación creada para o estudo da obra do artista e escritor (rúa San Francisco, 27 – A Coruña) acollerá o xoves 27 de marzo ás 19:00 horas un acto arredor do seu universo creativo cunha ollada interdisciplinaria. Este acto é de entrada libre e poderá seguirse en directo desde academia.gal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario