Desde onte, a RAG incorpora a Guía de apelidos galegos, un buscador que recolle información sobre máis de 6000 nomes de familia, que corresponden cun 95% da poboación galega. O novo recurso en liña quere facilitar a recuperación de formas non deturpadas destas denominacións.
Na presentación do proxecto, que se realizou na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, o presidente da Academia, Victor F. Freixanes, salientaba que "os apelidos son a crónica dunha estirpe, marcas de identidade nas que recoñecemos a propia liñaxe, a memoria da familia ou do clan. Detrás deles latexa a memoria do que somos. Estudar esa memoria significa coñecérmonos un pouco máis a nós mesmos, non tanto dende unha perspectiva particular ou individual, mais comunitaria e compartida".
En definitiva, con este recurso preténdese avanzar nun aspecto tan importante da normalización lingüística como é o dos apelidos, que nos identifican como persoas e como pobo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario