Esta madrugada faleceu en Nigrán o poeta do mar, Bernardino Graña, aos 92 anos de idade. Nado en Cangas, o escritor, na súa mocidade, foi un dos membros fundadores do grupo Brais Pinto e a súa voz converteuse nunha das máis recoñecidas polo público e a crítica das letras galegas contemporáneas. A paisaxe, a fala, a experiencia amorosa e os ambientes mariñeiros nos que medrou deixaron unha fonda pegada na lírica do autor, que tamén cultivou o teatro e a narrativa.
Que a terra che sexa leve, Bernardino!

Ningún comentario:
Publicar un comentario