Facémonos eco da información publicada por As Chaves da Lingua e deixámosvos unha listaxe de plataformas nas que podedes ver películas e series en galego:
- A web da TVG, cunha gran oferta de programas, series e películas.
- Pipocas, unha iniciativa promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística para recompilar películas e series que están dispoñibles na nosa lingua tanto dobradas como subtituladas.
- Filmin, unha das poucas plataformas comerciais que inclúe contido en galego, tanto dobrado como subtitulado. Nela podedes atopar filmes de autores galegos, clásicos dobrados e documentais.
- Vogal, unha plataforma dixital que promove o cinema galego. Ofrece un catálogo de filmes, documentais e curtametraxes de creación galega, dando visibilidade ao traballo de cineastas e artistas que apostan pola nosa lingua.
- Agalinhas, unha canle de Youtube para os máis pequenos/as.
- A páxina oficial do Xabarín, que permite acceder a unha selección de series e programas que marcaron unha época, dobrados ao galego.
- Dragon Ball en galego, unha páxina que recompila os episodios clásicos da serie, dobrados é nosa lingua.
Agardamos que esta información vos sexa útil e que vos animedes a consumir audiovisual en galego!
Ningún comentario:
Publicar un comentario